Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Pirámide. Revista literaria choqueiro-administrativa

Acerca de

Revista de funcionarios con ganas de troula literaria.

Búsqueda

Categorías

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Xoves, 22 de Setembro de 2005

22 DE SETEMBRO. ISTO MARCHA.

Hoxe, ano do señor de 2005, a revista esta que estabamos a facer, comeza a súa andaina electrónica. Apartade todos que alá imos!

Acabo de entrar na programa onde hai que meter os textos coma este e imaxes que non tardaremos en meter. Éche ben doada a cousa e calquera pode facelo (ti incluída Gelita). Xa explicarei por e-mail como se fai e a ver se imos adornando isto un pouco entre todos.
Poñédevos a escribir e a sacar fotos coma tolos porque a páxina hai que mantela senón enfádanse estes de bitácoras, coitados. As fotos, cando menos pesen máis collen (as dun móbil son xeniais isto).
Estou nun ordenador que non é o meu e non teño aquí fotos para meter pero todo se andará.
Escribide o que queirades porque isto vai coma un diario e podemos poñer calquera cousa, pero era ben, digo eu, que xa que ten o título de revista literaria pois que algo literario tamén podía ir.
Esta páxina está aberta a calquera que dea co enderezo polo que ollo co que escribides ou senón utilizade métaforas que poidamos descifrar entre nós.
Hala, a currar faraóns!

Por: A Pirámide | General | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Estou que lo flipo, Neg.
Hoxe é un dos días máis fermosos da miña existencia: non abondaba con que o Celtiña estea de lider (hai que desfrutalo, que a os postos de descenso, chegamos nun vira vira)...; pois iso, que non era iso dabondo, que hoxe, por fin, é unha realidade a nosa pirámide na rede.
Pois iso, que vos felicito, rapaces
Nota: o comentario da Gelita non estivo nada ben .... jajajajaja
Bicos

a celtarra | 22-09-2005 22:00:02

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Futbol