Revista de funcionarios con ganas de troula literaria.
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 22 de Setembro de 2005

Anda a pirámide a collerlle o tranquillo a isto da weblog e o texto vai saíndo pero as imaxes... As imaxes é máis lío. Pero quen dixo que nós, que fixemos as de Gizeh con 50º á sombra aló polas ribeiras do Nilo, non iamos ser capaces de poñer unha imaxe neste trebello visual untado pola man do demo. E sendo facedores de pirámides como somos, non será tempo de modernizar as nosas artísticas maneiras por ver de adaptármonos a estes novos tempos que corren e misturarnos coas novas quintas que manexan estas ferramentas visuais coma quen lle di ghuapa a Cleopatra? Se fixemos unha das marabillas do mundo, non toca andar matinando noutra?
E son estes tempos nos que está ben considerado isto do Pop Art por entre a xente do común, que foi cousa que xa tivo os seus momentos aló polos anos 60 do equis equis pero que agora, con isto do deseño gráfico, pois que se vai pop ularizando. E pensa a pirámide que hai nisto unha oportunidade de entrarlle ás artísticas vangardas e meterse no rollito wharholiano. Isto ten saída e imaxes como esta que vedes, poderánse facer outras ou máis. As figuras que contemplades non se sabe quen son pero pouco teñen de exipcias. Arre carallo! Que axiña perdemos a man!
Por: A Pirámide | General | Comentarios (2) | Referencias (0)
sos un fenómeno, xa era hora de que o noso colectivo tivera unha páxina propia onde descargar amores e desamores administrativos.
eu son unha funcionaria de base e como toda base que se precie estou ben asoballada, ben reprimida e ben esquecida pero dende agora e con esta páxina voume soltar as guedella e a lingua e falar alto e tan claro como me pete e me dea a gana, pois non haberá censura.....cando o que se dí é certo non se ofende ¿ou si?
Bueno, pois ata vernos
funcionaria agradecida | 20-12-2005 10:22:56
hola, son eu outra vez, sabedes seica lle collín gusto o conto.
Por aquelo de que se vexa que é unha páxina de interese, así xa temos dous comentarios.
ala, ata pronto
funcionaria agradecida | 20-12-2005 10:33:48