Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Pirámide. Revista literaria choqueiro-administrativa

Acerca de

Revista de funcionarios con ganas de troula literaria.

Búsqueda

Categorías

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Martes, 27 de Setembro de 2005

Somos nós




Pois aquí estamos. Oito membros da pirámide en pleno acto de creación artística. Si, si acto de creación artística. Parece que estamos facendo unha foto diante da catedral despois de rematar unha semietapa do Camiño de Santiago no mes de abril, pero non. Non é o que parece, como dixo Aznar cando saíu na foto das Azores.

Na nosa traxectoria artística todoterreo tamén teñen cabida as artes escénicas. Neste caso, a foto que vedes é o remate do último acto do espectáculo musical Cats levado á rúa como medio de achegar este singular xénero á xente do común. E para iso, qué mellor que a tradicional e senlleira praza do Obradoiro, meta de peregrinos e xentes ávidas de coñecemento doutras civilizacións e “wayoflifes”. Tal éxito tivemos que ipsofactamente se xuntaron case un cento de seminaristas andinos que, acompañados dunhas guitarras de misa cantada, puxéronse a improvisar moi malamente unhas danzas e uns cantos por ver de igualarnos no noso máis que evidente talento musical. Por suposto non o conseguiron, os coitados.

O rollito das máscaras felinas vai ser utilizado máis veces coa intención de que as individualidades non escurezan o colectivo (como lle pasou a xocaloma) e como ofrenda á nosa antiga deusa exipcia Bastet, deusa representada coa cabeza dunha gata e repartidora de fertilidade que nós concibimos como fertilidade artística. E tamén porque nos vai moi ben con ela. Miau a iso.

Por: A Pirámide | General | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Citas